Lugo dedica un mes de abril máis á música contemporánea co VII Ciclo MIHL Sons XXI, que achegará a música da Península á cidade

Carmen Basadre, Eduardo Vidal, Diego Ventoso e Juan Ignacio Martínez presentaron a programación, que arrinca o 2 de abril e se desenvolverá ata o 24 de abril no MIHL, no Vello Cárcere ou no Conservatorio Profesional de Música

Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza contemporánea, Olladas no tempo, e unha clase maxistral de percusión. As actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar cabida

Luns, 25 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo dedica un mes de abril máis á música contemporánea  co VII Ciclo MIHL Sons XXI, que achegará a música da Península á cidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e o coordinador do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, Diego Ventoso, presentaron este luns, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a sétima edición da programación MIHL Sons XXI, que arrincará o vindeiro martes, 2 de abril. O ciclo terá lugar todos os martes de abril ás 20:00 horas, así como o xoves 11 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza contemporánea, Olladas no tempo, e unha clase maxistral de percusión. A programación terá lugar ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar cabida. Para as dúas sesións do espectáculo, é necesario recoller as invitacións na Oficina Municipal de Turismo, a partir do 2 de abril, dúas por persoa.

No acto de presentación, no que tamén estivo presente un mestre do conservatorio, Juan Ignacio Martínez,, a Concelleira amosouse satisfeita deste evento xa consolidado no mes de abril no Concello de Lugo, "algo xa esperado no noso calendario cultural". Así mesmo, fixo fincapé na cita, que serve tanto para divulgar a música clásica contemporánea en Lugo como para poñer no mapa de coñecemento que en Lugo existe un conservatorio. Para rematar chamou á cidadanía a participar e gozar coa música clásica contemporánea.

Pola súa banda, Eduardo Vidal agradeceu o empeño por sacar adiante esta programación coa que se amosa que Lugo sigue crendo na música e na cultura. A Deputación colabora a través do Servizo de Audiovisual do organismo provincial, comunicación, difusión e para que o propio alumnado da Escola de Imaxe e Sonido poida profesionalizarse con traballo práctico.

Para rematar, Diego Ventoso agradeceu a colaboración tanto do Concello coma da Deputación e o conservatoria de música e de danza, así como a implicación persoal de Carmen Basadre con este ciclo, que pon a Lugo no mapa de España de citas de música contemporánea xunto con Sevilla, Granada ou Cáceres, entre outros.

Tras tratar a historia da música contemporánea, e este tipo de música nos Estados Unidos, en Europa e no Occidente, nesta edición este ciclo dedícase á música contemporánea na Península Ibéreica. Para iso, ao longo do vindeiro mes de abril contarase coa seguinte programación:

Os concertos

  • Martes, 2 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Rememorando o porvir, con Roberto Alonso ao violín
  • Martes, 9 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Libro de escoitas, con Thomas Piel no violonchelo
  • Martes, 23 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Profesional Xoán MOntes, Enrique X. Macías impartirá unha conferencia.concerto sobre Material-Rizoma
  • Martes, 30 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Electroninc´s, con Noé Rodrigo na percursión

Outra programación

  • Martes, 30 de abril, ás 18:30 horas, no MIHL: clase maxistral O repertorio ibérico para a percusión, con Noé Rodrigo
  • Xoves, 11 de abril, ás 18:30 e ás 20:30 horas, no Vello Cárcere: Olladas no tempo, co grupo de percusión e o ensemble de clarinete do Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Máis info

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre a programación do "MIHL Sons XXI" | Descargar mp3

Noticias relacionadas