Lugo dedica o mes de abril á música contemporánea co VI Ciclo MIHL Sons XXI

Carmen Basadre, Diego Ventoso e Dolores García presentaron a programación, que arrinca o martes 3 de abril e se desenvolverá ata o 24 de abril no MIHL, na Casa do Saber, no Vello Cárcere ou no Conservatorio Profesional de Música

Mércores, 28 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo dedica o mes de abril á música contemporánea co VI Ciclo MIHL Sons XXI

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, Diego Ventoso, e a profesora e pianista, Dolores García, presentaron este mércores, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tencoloxías, a sexta edición da programación MIHL Sons XXI, que arrincará o vindeiro martes, 3 de abril. O ciclo terá lugar todos os martes de abril ás 20:30 horas, así como o xoves 12 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza, un concerto didáctio para escolares e unha clase maxistral, ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), na Casa do Saber, no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

No acto de presentación, a Concelleira alegrouse de que a música contemporánea esté na nosa cidade un ano máis, contribuíndo a que Lugo sexa un municipio rico en cultura, xa sexa a través de danza, música ou teatro.

Pola súa banda, Ventoso agradeceu a colaboración de todos os colaboradores neste evento, así como ao Concello por facer posible un ano máis este ciclo, que xa está marcado no calendario cultural dos veciños e veciñas de Lugo, ao tempo que convidou á sociedade a participar neste ciclo.

A finalidade desta, coa que colabora a USC e a Deputación de Lugo a través da Fundación TIC, é dara coñecer anualmente ao público lucense unha mostra representativa das distintas tendencias da musica contemporánea.

Tras as dúas últimas edicións dedicadas á música contemporánea europea e americana e na procura de pechar o círculo desta ollada xeral ao panorama musical actual, nesta edición abordarase a música contemporánea non occidental dende perspectivas tan diferentes coma a sque cultivan hoxe en día compositores sudamericanos, persas ou do lonxano oriente, achegando ademais tres estreas mundiais. Para iso, ao longo do vindeiro mes de abril contarase coa participación de intérpretes coma o pianista galego David Durán ou a iraní Aida Sigharian, o saxofonista Pablo Coello, a percusrionista lucense Sabela Castro ou o ensemble Vertixe Sonora, ademais da participación ou gurpo de danza contemporánea do Conservatoiro Profesionald e Müsica Xoán Montes, nesta ocasión presntando o espectáculo Orixes.

Audio

Máis info

Multimedia

  • Lugo dedica o mes de abril á música contemporánea co VI Ciclo MIHL Sons XXI

Noticias relacionadas