Lugo, conxuntamente coa experiencia de nove países, preparará unha proposta para mellorar a xestión de fondos europeos

A cidade acollerá un seminario EURE para debater as conclusións que se trasladarán posteriormente tanto ao Goberno español como á Comisión Europea.

Lara Méndez destacou a importancia que ten que Lugo fora a elixida para acoller este reunión por ser unha das cidades con maior proxección dos proxectos europeos que desenvolve.

Lugo e as urbes galegas con estratexia Edusi explicarán as súas boas prácticas, que debaterán con delegados de Chipre, República Checa, Letonia, Polonia, Francia, Bélxica, Italia e Rumanía.

Xoves, 11 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, conxuntamente coa experiencia de nove países, preparará unha proposta para mellorar a xestión de fondos europeos

Lugo foi a cidade elexida para acoller o seminario ‘EURE – Política Urbana de España e as Edusi’, por ser unha das urbes “que está a ter unha maior proxección nacional e internacional a través dos proxectos europeos que desenvolve”, segundo sostivo Xoán Vázquez Mao, presidente do Eixo Atlántico, institución que impulsa este seminario, que foi presentado hoxe coa presenza da rexedora lucense, Lara Méndez. “Lugo non foi seleccionado por casualidade, se non pola boa evolución dos proxectos europeos en materia de sostibilidade”, incidiu.

Este seminario, que se desenvolverá os días 24 e 25 deste mes, terá unha importancia clave xa que acollerá debates e reflexións sobre como mellorar a xestión dos fondos europeos, e farano da man da experiencia das cidades galegas que desenvolven proxectos Edusis, como Lugo (co seu ‘Muramiñae-da Muralla ao Miño), A Coruña e Pontevedra, e de países como Chipre, República Checa, Letonia, Polonia, Francia, Bélxica, Italia e Rumanía, que mandarán as súas delegacións. “En Galicia existen cidades con capacidade para liderar este proceso, e Lugo é unha referencia”, explicou Vázquez Mao.

Nestas xornadas, “ademáis de intercambiar as boas prácticas existentes nas diferentes estratexias Edusi en materia de desenvolvemento urbano sostible, para a súa posible réplica noutros territorios, sairán propostas para mellorar a xestión dos fondos europeos e os seus instrumentos de financiamento do período 21-27, cuxas conclusións se presentarán tanto ao Goberno español como á Comisión Europea”, segundo avanzou a rexedora de Lugo. Tamén se incluirá un informe político sobre como mellorar a participación das cidades pequenas, medias e periféricas na definición da Política Urbana Europea.

Nestas xornadas partciparán Maria Eugenia Bellver Moreira, subdirectora xeral de Política Urbana. Ministerio de Facenda; Ángela de la Cruz Mera, subdirectora xeral de Vivenda e Axenda Urbana e José Palma Andrés, coordinador do equipo de expertos do proxecto Eure. Ademais, estarán o alcalde de O Barco, Alfredo García, o concelleiro de Urbanismo de A Coruña, Juan Villoslada, e a concelleira de Promoción da Cidade e Réxime Interior de Pontevedra, Anabel Gulías, así como técnicos dos proxectos EDUSI de Lugo e a Coruña, e a concelleira de Pontevedra.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Seminario EURE (1) | Descargar mp3
  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Seminario EURE (2) | Descargar mp3

Noticias relacionadas