Lugo continúa de volta ás súas orixes coa apertura do Macellum

A Alcaldesa, acompañada por outros membros da corporación local e o César, e escoltada por senadores, gladiadores, soldados e castrexos, recorreu o mercado artesanal

Venres, 17 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo continúa de volta ás súas orixes coa apertura do Macellum

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por outros membros da corporación local e o César, e escoltada por senadores, gladiadores, soldados e castrexos, recorreu o Macellum, que abriu as súas portas esta mañá. Previamente á visita, a rexedora e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron no Salón de Plenos aos gladiadores chegados de Italia, Ars Dimicandi, minutos antes de manter un encontro vía skype cos participantes da iniciativa Young Lab, que se atopan estes días na cidade italiana de Florencia, na súa terceira xuntanza.

Ao longo do día as tropas desfilarán pola cidade. Ademais, ás 16:30 horas terá lugar a apertura da Castra de Lvcvs Avgvsti, así como actividades diversas nos campamentos, prazas e rúas. O prato forte deste venres, é a entrada las lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio O Vello, ás 20:00 horas pola Ponte Romana. O programa de hoxe tamén inclúe bautizos e vodas celtas, así como espectáculos de pirotecnia, teatro e o Desafío dos Titáns.

Máis información en www.ardelucus.com

Multimedia

  • Lugo continúa de volta ás súas orixes coa apertura do Macellum

Noticias relacionadas