Lugo chama á mocidade a participar na I Mostra Fotográfica Europea Roma Atlantiaca para conmemorar o Día dos Museos

O obxectivo é facer visible as cidades romanas e o seu patrimonio, fomentando a  cultura cidadá participativa e do público infantil. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 14 a 18 anos

Os mozos e mozas tomarán fotografías creativas, que amosen o legado romano da cidade. As fotos poderán realizarse con cámara dixital, teléfono móbil ou tablet, coa máxima calidade que o dispositivo permita

Para participar subiranse as imaxes ás redes sociais Instagram, Facebook e Tiwitter, incluíndo o título da foto e unha explicación xunto cos hashtags #RomaAtlantiaca, #DIM2019 e #LucusAugusti

Luns, 06 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este luns unha nova iniciativa coa que Lugo conmemorará o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio. Será a I Mostra Fotográfica Europea, baixo o Roma Atlantiaca, iniciativa da Rede de Cidades Romanas do Atlántico, da que Lugo forma parte xunto con, entre outras, Irún, Castro Urdiales, Gijón, Braga ou Condeixa.

O obxectivo é facer visible as cidades romanas e o seu patrimonio, fomentando a  cultura cidadá participativa e do público infantil. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 14 a 18 anos, que poderán enviar as súas fotografías a romaatlantiacalugo@gmail.com. Haberá un xurado que seleccionará as fotos que formarán parte desta mostra, que se inaugurará ao longo das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, que terá lugar do 14 ao 16 de xuño. Tamén se incluirán nun libro dixital que dará a coñecer o legado romano das 9 cidades que compoñen esta rede.

Os mozos e mozas tomarán fotografías creativas, que amosen o legado romano da cidade. As fotos poderán realizarse con cámara dixital, teléfono móbil ou tablet, coa máxima calidade que o dispositivo permita. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, podendo ser en cor ou en blanco e negro. Non se admitirán montaxes fotográficas nin retoques con técnicas dixitais.

Para participar subiranse as imaxes ás redes sociais Instagram, Facebook e Tiwitter, incluíndo o título da foto e unha explicación xunto cos hashtags #RomaAtlantiaca, #DIM2019 e #LucusAugusti.

Audio

Noticias relacionadas