Lugo celebra por segundo ano consecutivo a feira Ágora Verde, dedicada á producción ecolóxica

Lara Mendez, Argelio Fernández e José Antonio Fernández visitaron os postos desta cita, que reúne a unha vintena de produtores, maioritariamente de Lugo

Venres, 23 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra por segundo ano consecutivo a feira Ágora Verde, dedicada á producción ecolóxica

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández, e o Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, visitaron este venres os postos da II Feira de Produtos Ecolóxicos de Galicia Ágora Verde, que acolle dende esta tarde e ata domingo a Praza Maior. O Concello colabora con esta iniciativa, na que se dan cita unha vintena de produtores, maioritariamente de Lugo, aínda que tamén do resto da comunidade autónoma, por dúas razóns principais: porque supón un elemento dinamizador máis da cidade que ten un importante retorno social e porque impulsa e lle da visibilidade ao sector da agricultura ecolóxica, que no municipio lucense conta con 21 operadores inscritos no CRAEGA, como oportunidade económica.

 A principal novidade desta nova edición é o aumento das degustacións de productos que ofrecerán os diferentes postos. Celebrarase en horario de 17:00 a 22:00 horas o venres, e de 11:00 a 20:00 horas, o sábado. Esta convocatoria de Lugo é a primeira dunha serie de feiras que o CRAEGA impulsa en Galicia este ano, e que terán lugar seguidamente en Monforte de Lemos, Sada e Vigo.

 No ano 2016 a superficie certificada a agricultura ecolóxica aumentou un 36,5% e a facturación acadou os 41,7 millóns de euros. En Galicia, Lugo é referente, concentrando a metade da superficie certificada, o 40% dos operadores e 15 millóns de euros de volume de negocio.

Noticias relacionadas