Lugo celebra outra noite aberta e de festa para o comercio local

Venres, 28 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra outra noite aberta e de festa para o comercio local

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, asistiron este venres ao acto de inauguración da IX Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello de Lugo colabora un ano máis con esta iniciativa dentro do seu impulso polo comercio de proximidade e da súa aposta por dinamizar o comercio local. No acto tamén estivo presente a artista Lucía Pérez, a presidenta do colectivo e a presidenta de honra da asociación organizadora, Marta López e Nora Real, respectivamente; e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, outras autoridades.

Na IX Noite Aberta participaron ao redor dun cententar de tendas. Este ano, os Xardíns da Deputación acollen a fin de festa, con diversas actuacións musicais. Como xa é habitual, os distintos locais comerciais fixeron a súa propia festa con promocións e música. Ademais, instalouse unha carpa na Praza Maior onde todas e todos os clientes das tendas asociadas a esta iniciativa, con só presentar o ticket -de compras superiores a 20 euros-, obtiveron distintos agasallos.

Multimedia

  • Lugo celebra outra noite aberta e de festa para o comercio local

Noticias relacionadas