Lugo celebra esta semana o Día Mundial da Narración Oral co Festival Atlántica, que chega por primeira vez á cidade

Trátase de 8 espectáculos gratuítos, que terán lugar do 20 ao 23 de marzo no Mihl, no Vello Cárcere e na Biblioteca Municipal Isidro Novo. Concretamente hai un no MIIHL para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, cinco no Vello Cárcere para público adulto e dous na biblioteca para público familiar

Aínda que a entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo, para a programación do Mihl e da Biblioteca é preciso retirar invitación nas propias instalacións da biblioteca. Poderá facerse a partir de hoxe

Para pechar este festival, o Concello ten previsto un roteiro de poesía polas rúas da cidade este domingo, 24 de marzo, con saída dende a Praza Maior, diante da Casa Consistorial, ás 12:30 horas

Luns, 18 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra esta semana o Día Mundial da Narración Oral co Festival Atlántica, que chega por primeira vez á cidade

Lugo celebra o Día Mundial da Narración Oral co Festival Atlántica, que na súa sétima edición chega este ano por primiera vez a Lugo, grazas á colaboración do Concello e  a Deputación de Lugo.

Trátase de seis espectáculos gratuítos, que terán lugar do 20 ao 23 de marzo no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Vello Cárcere e na Biblioteca Municipal Isidro Novo. Concretamente hai un no MIIHL para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, o sábado, 23 de marzo, ás 11:30 horas; cinco no Vello Cárcere para público adulto, o mércores 20 e o xoves 21, ás 20:30 horas, e o venres 22 ás 19:30 horas; e dous na biblioteca para público familiar, o mércores 20 ás 18:30 horas e o venres 22, ás 17:30 horas.

Ata estes tres espazos municipais van chegar as historias do xaponés Yoshi Hioki, do alacantino Pablo Albo e dos galegos Celso F. Sanmartín, Ángeles Goás, María da Pontragha, Raquel Queizás e Vero Rilo. Tampouco faltarán á cita contadores lucenses como Fátima Fernández e Lois Pérez.

Aínda que a entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo, para a programación do Mihl e da Biblioteca é preciso retirar invitación nas propias instalacións da biblioteca. Poderá facerse a partir de hoxe. Estes espectáculos serán os seguintes:

  • Contos de medo que dan risa, da man de Pablo Albo, o mércores 20 de marzo, ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal Isidro Novo
  • Contos para viaxar ao Xapón, dirixido por Yoshi Hioki o venres 22 de marzo, ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal Isidro Novo
  • Entre arrolos e contiños, a cargo de Bea Campos e Manuel Pombal, o sábado 23 de marzo, ás 11:30 horas no MIHL

A programación para adultos, no Vello Cárcere, é a seguinte:

  • Contar, a cargo de Celso F.Sanmartín o mércores, 20 de marzo, ás 20:30 horas
  • Contos do que non hai, por María da Pontragha e Nas Corripas da memoria, por Lois Pérez, o xoves, 21 de marzo, a partir das 20:30 horas
  • Contos populares do Xapón, con Yoshi Hioki e Lavandeiras, con Vero Rilo, o venres, 22 de marzo, ás 19:30 horas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, chamou á veciñanza a participar neste festival con gran variedade de espectáculos, artistas e en diversos espazos destacados da cidade. Ademais lembrou que para pechar este festival, o Concello ten previsto un roteiro de poesía polas rúas da cidade este domingo, 24 de marzo, con saída dende a Praza Maior, diante da Casa Consistorial, ás 12:30 horas. Nel participarán Marcia Campo, Tareixa Campo, Luz Darriba, Toño Núñez, Alexandra Cabana e Nieves Neira. Conmemórase ademais con esta ruta o Día da Poesía.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre o Festival Atlántica | Descargar mp3

Noticias relacionadas