Lugo cédelle a testemuña da organización dos Xogos do Eixo Atlántico a Braga

Lara Méndez entregoulle este venres a bandeira deste evento a Ricardo Río nun acto simbólico ao que tamén asistiron os rexedores de Monforte e Sarria, localidades que acolleron, xunto con Lugo, esta edición dos xogos

Méndez subliñou que "o maior logro deste certame é a unión de dúas culturas e a vertebración do territorio. Fan máis os Xogos pola Eurorrexión que moitas reunións políticas". Tamén fixo fincapé no pasado que comparte Lugo e Braga

Os Xogos do Eixo Atlántico son unha das probas de maior prestixio e participación a nivel europeo. A de Lugo foi unha das citas con maiores cotas de participación da historia destes xogos, superior a outros eventos deste tipo como a Universiada e poñéndose á altura dos Xogos do Mediterráneo

Venres, 21 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo cédelle a testemuña da organización dos Xogos do Eixo Atlántico a Braga

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, entregoulle este venres a bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico a Ricardo Río, Presidente da Cámara Municipal de Braga, vindeira cidade sede desta competición deportiva, nun acto de continuación da cerimonia que tivo lugar o pasado día 9 de xullo no Vello Cárcere. Deste xeito, Lugo cédelle a testemuña da organización desta cita deportiva a Braga, quen acollerá o evento no ano 2019. Esta cidade resultou gañadora entre 5 candidaturas nunha votación na que participan a totalidade dos Concellos do Eixo Atlántico, a través das áreas de deportes.

O acto simbólico, que tivo lugar na Avenida Central de Braga, contou coa presenza co Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, dos rexedores de Monforte e Sarria, localidades que acolleron xunto con Lugo a duodécima edición destes xogos, José Tomé e Pilar López, respectivamente, e o presidente do grupo temático de deportes do Eixo Atlántico, Guilherme Aguiar, así como persoas vencelladas ao mundo do deporte e cidadanía bracaranse.

Na súa intervención, a Alcaldesa de Lugo asegurou que "si Braga o fai un pouco mellor que Lugo o éxito é seguro, xa que en Lugo foi excepcional". Nesta liña insistiu Ricardo Río, quen agradeceu a Lara Méndez a testemuña dos xogos, e puxo en valor a magnífica organización e o éxito que supuxo esta cita en Lugo, "que deixou o listón moi alto", ao tempo que avanzou que traballará para superaro, "algo moi díficil".

Méndez subliñou que "o maior logro deste certame é a unión de dúas culturas e a vertebración do territorio. Fan máis os Xogos pola Eurorrexión que moitas reunións políticas". Así mesmo tamén aproveitou para poñer en valor o pasado que comparten tanto Lugo como Braga, dúas cidades conectadas a través da Vía Romana XIX, así como que ambos os dous lugares celebren festas de recreación histórica, e que a partir de agora poidan presumir de organizar os Xogos do Eixo Atlántico. Así mesmo, a Alcaldesa fixo fincapé neste pasado e presente conxunto para verbalizar todo o que une ás dúas cidades denominadas das grandes de Galicia e Portugal, o que ademais implica un certo liderado do Eixo Atlántico.

Os Xogos do Eixo Atlántico representan na actualidade unha das probas de maior prestixio e participación a nivel europeo. As 1850 persoas, de 29 municipios galegos e portugueses, que participaron nos xogos en Lugo, Sarria e Monforte, convérteos nunha  das citas con maiores cotas de participación da historia destes xogos, superior a outros eventos deste tipo como a Universiada e poñéndose á altura dos Xogos do Mediterráneo.

Multimedia

  • Lugo cédelle a testemuña da organización dos Xogos do Eixo Atlántico a Braga

Noticias relacionadas