Lugo, candidata a cidade máis accesible de España

Nunha campaña posta en marcha por unha empresa líder en solucións de accesibilidade, Lugo foi proposta candidata polos seguidores nas redes sociais

Xoves, 15 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 44 municipios, entre os que se encontra Lugo, compiten na segunda edición da campaña Destino Turístico Accesible, organizada pola empresa ThyssenKrupp Encasa, que busca a cidade española que máis promove a eliminación de barreiras arquitectónicas.

As plataformas Facebook, Twitter e Google+ permitiron aos usuarios propoñer os mellores destinos turísticos para que calquera persoa poida gozar do patrimonio artístico e as actividades de ocio e tempo libre. Todos os municipios participantes contan cun plan integral de accesibilidade e este certame ten como obxectivo recoñecer o traballo que están levando a cabo os municipios españois por impulsar un turismo sen barreiras.

O prazo para as votacións está aberto dende o 13 de outubro ao 30 do mesmo mes e todos os usuarios poderán votar a través da web www.destinoaccesible.es

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a candidatura a cidade máis accesible de España|Descargar mp3

Noticias relacionadas