Lugo aviva o espíritu emprendedor co seu primeiro evento Lacon Network, un xeito de facer contactos e crear sinerxias, este venres a carón do Miño

Mércores, 27 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo aviva de novo o espíritu emprendedor, neste caso cun evento Lacon Network, un xeito de facer contactos e crear sinerxias entre persoas emprendedoras. Será este venres, a carón do río Miño, a partir das 14:00 horas, no establecemento Il Farabutto.

Esta cita Lacon Network estará dirixida polo técnico municipal de asesoramento a empresas do CEI-NODUS, Norman Veiga, e a cofundadora de HimiKode Tech, Noemí Rodríguez, que se estrenan como organizadores neste evento, que baixo o nome de Lacon Network se convertiu no maior e con máis edicións celebradas de todos os eventos de networking en Galicia.

As inscricións xa están abertas en https://www.laconnetwork.com/ onde se pode conseguir máis información da cita.

Noticias relacionadas