Lugo, Astorga e Braga participan no I Encontro de Cidades Augusteas de Gallaecia que se está a celebrar no MIHL

Venres, 16 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con representantes das cidades de Astorga e Braga participaron hoxe nas actividades que se celebran no Museo Interactivo da Historia de Lugo, onde se desenvolve esta fin de semana o I Encontro das Cidades Augústeas da Gallaecia.

Con motivo deste Encontro das tres cidades, teñen lugar desde onte numerosas actividades como unha mostra de artigos romanos de reconstrución histórica (xoiaría, vestimenta, armamento…), diferentes obradoiros a cargo das asociacións romanas e castrexas, xogos romanos, e mesas redondas sobre a antiga Gallaecia. Nestas xornadas tamén se presentará unha nova asociación de recreación histórica denominada Mercenarios Galaicos e mañá, domingo 4 de maio, ás 19.30 horas, levarase a cabo o IV Mostra de Moda Romana e Castrexa para o Arde Lucus 2014.

Multimedia

Noticias relacionadas