Lugo acolleu o VI Campionato de Tenis de Mesa para persoas con problemas de saúde mental

Miguel Fernández e Ana González Abelleira entregaron os trofeos aos gañadores deste torneo, que se celebrou este venres no Pavillón Municipal da Casa do Deporte

Venres, 16 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolleu o VI Campionato de Tenis de Mesa para persoas con problemas de saúde mental

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregaron este venres no Pavillón Municipal da Casa do Deporte os trofeos aos gañadores do VI Campionato de Tenis de Mesa para persoas con problemas de saúde mental.

Este torneo, organizado pola Asociación de Saúde Mental Alume e co que colabora o Concello, ten como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con enfermidades mentais e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo.

Noticias relacionadas