Lugo acollerá un gran encontro para profesionais de perruquería e estética a finais deste mes

Mércores, 18 de setembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participou hoxe na presentación do I Evento de Perruquería e Estética que terá lugar na nosa cidade, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Perruquería e Estética de Lugo, coa colaboración do Concello e a Deputación provincial.

O Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Perruquería e Estética de Lugo, Eduardo Souto, anunciou que o evento terá lugar o domingo 29 de setembro e será un gran encontro para os profesionais que se adican á beleza na nosa provincia.
Tamén interviu no acto, que se celebrou na CEL, a Deputada provincial de Deseño e Artesanía, Regina Polín.
O evento terá lugar no Auditorio Gustavo Freire entre as 10.30 e as 14.00 horas. No programa de actos inclúese un show de Barbeiros 3.0, de perruquería masculina, o espectáculo de ballet “Esferas” e un novo show demostrativo dos perruqueiros Luis & Tachi de Lóréal Professionel, de perruquería feminina. Estilismo en directo e posterior pase no que participarán cincoenta modelos profesionais vestidos por Kúbika ou Luis Areñas, entroutros. A exitosa actriz lucense Cristina Castaño, que actualmente traballa na serie “La que se avecina”, será a presentadora da gala. 
Pódese consultar máis información sobre este evento na web do colectivo, www. Pelirroja.org, así como do perfil da Asociación Pelirroja nas redes sociais Facebook e Twitter, PelirrojaLugo.

Multimedia

Noticias relacionadas