Lugo acollerá por primeira vez o Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino Endesa, co que colabora o Concello

Este xoves celebrouse no Salón de Plenos o sorteo desta proba deportiva, na que participarán corenta clubs de toda España e preto de catrocentos pequenos

Xoves, 02 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acollerá por primeira vez o Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino Endesa, co que colabora o Concello

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Presidente do Club Estudiantes, Jesús Lázare, o representante da Federación Galega de Baloncesto, Alejandro Alcalde, e o representante da Federación Española de Baloncesto, David Aurich, efectuaron este xoves no Salón de Plenos o sorteo do Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino Endesa, co que colabora o Concello.

Este campionato celebrarase por primeira vez en Lugo do 12 ao 18 de xuño. Deste xeito, durante estes días achegaranse corenta clubs de toda España e preto de catrocentos pequenos á cidade, aos que lle hai que sumar os numerosos visitantes que virán a Lugo para gozar das festas de recreación histórica do Arde Lvcvs MMVI.

Noticias relacionadas