Lugo acolle a presentación da copa celta de motociclismo

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto aos representantes do Club Kastri Racing José Manuel Castrillón e Ángel Fernández a Copa Celta de Motociclismo.

O edil destacou que “facía moitos anos que non se disputaba na cidade unha actividade vinculada co motociclismo desta embergadura” e manifestou o seu desexo de “que esta colaboración sirva para sentar as bases de colaboracións futuras e estables no tempo, pois este deporte sempre contou cunha gran afección na cidade”.

O sábado, día 23 de xuño, Lugo acollerá a presentación desta Copa Celta na Praza de Augas Férreas a partir das 11 da mañá. O programa de actividades inclúe actividades para nenos, con hinchables e contacontos, e a exposición das motos de competición e unha nostra de motocicletas antigas.

Esta competición é una copa de promoción do motociclismo pioneira en Galicia e establece dúas categorías, a Celta Sport de motos de ata 600cc e a Celta Stream de motos de hasta 1.000cc. Conta con 43 participantes inscritos, entre os que figuran 15 pilotos lucenses, que correrán o vindeiro día 30 de xuño no circuíto de Braga.

Noticias relacionadas