Lugo acolle o I Torneo de Fútbol Feminino coa presenza de 14 equipos de primeiro nivel

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o I Trofeo Internacional Muralla Romana de Fútbol Feminino xunto ao Director do torneo, Noel Blanco, e a Tesoreira do Club Atlético Muralla, Hilda Rodríguez.

O edil destacou a importancia deste acontecemento deportivo que é pioneiro en Galicia e pretende servir “para fomentar a práctica deste deporte entre as rapazas lucenses e dos concellos limítrofes aproveitando que Lugo conta con instalacións deportivas de primeiro nivel”, tal e como indicou Díaz Grandío.

O trofeo, que comezou o pasado día 15 cos enfrentamentos da primeira fase, continuará disputándose os días 18, 19, 25 e 26 de agosto nos campos municipais de fútbol de A Cheda e de Frigsa.

No torneo participarán catorce clubs deportivos femininos de primeiro nivel entre os que figuran o Rayo Vallecano, que conta con catro xogadoras internacionais, ou o Athletic Club de Bilbao, qué é o actual campión da liga nacional. Tamén participarán de clubs de toda Galicia. Cada equipo achegará á cidade unha media de 18 xogadoras máis o equipo técnico.

Noticias relacionadas