Lugo acolle a I Xornada Lucense de accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible organizado por Auxilia

Martes, 05 de novembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o representante de Auxilia, Aquilino González, presentaron a I Xornada Lucense de Accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible, que se vai celebrar o próximo venres 8 de novembro.

Carmen Basadre felicitou a Auxilia pola organización destas xornadas e incidiu en que “non nos podemos esquecer de diseñar rutas turisticas e crear rutas para que as poidan desfrutar persoas con discapacidade xa que aínda quedan moitas barreiras por eliminar”. Neste sentido, destacou que o Concello de Lugo sempre traballou a favor da igualdade e todos os seus edificios tanto culturais como administrativos son accesibles ou a creación de paneis turisticos en braille.

O programa da xornada está dividido en dúas partes nas que diferentes especialistas tratarán por un lado, o patrimonio accesible, e por outro lado, o turismo accesible. Así, dende ás 10.00 horas, no Museo Provincial de Lugo, presentaranse diferentes relatorios sobre a conservación do patrimonio e a súa accesibilidade, o proxecto para que a Muralla de Ávila fose accesible a todos ou a accesibilidade na Muralla de Lugo. A partir das 17.00 horas os relatorios xirarán en torno ás iniciativas turisticas e os creadores de blog e libros sobre rutas turísticas accesibles por España.

Multimedia

Noticias relacionadas