Lugo acolle hoxe un tardeo solidario musical para axudar ao pobo ucraíno, organizado polo Concello de Lugo e Cruz Vermella

A alcaldesa, Lara Méndez, agradeceu a solidariedade do público e dos grupos que actuaron gratuitamente, e lembrou que os fondos recadados irán para axuda humanitaria.

Domingo, 24 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle hoxe un tardeo solidario musical para axudar ao pobo ucraíno, organizado polo Concello de Lugo e Cruz Vermella

Foron decenas de lucenses, entre eles a alcaldesa, Lara Méndez, os que se pasaron polo soto da Praza de Abastos para participar nunha iniciativa organizada pola concellería de Benestar Social do Concello de Lugo e a Cruz Vermella para axudar ao pobo ucraíno.Todos os fondos recadados irán ao 100% para axuda humanitaria.

A rexedora que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Olga López; Paula Alvarellos, concelleira de Gobernanza; Ana G. Abelleira, edil de Desenvolvemento Local e Emprego e Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude e Deportes, manifestou que “se trata dunha cita de carácter solidario, que pretende sumar esforzos e recursos humanitarios para axudar as vítimas desta conflito bélico, no que a poboación civil de Ucraína está a sufrir a devastación do seu territorio, así como a inmensa dor polos seres queridos asasinados e feridos e por ter que fuxir do seu país”.

Lara Méndez agradeceu, ademais, a xenerosidade dos grupos lucenses que participaron no tardeo; Edgar Bao, Forget La France, La Penúltima Sabinera -El Tributo e ¿Pero cómo que señor?’, que se unieron á iniciativa de forma totalmente altruísta. Así mesmo, valorou a gran asistencia de público, que amosa, unha vez máis, “o enorme corazón dos e das lucenses ”.

O importe das entradas foi de 10 euros. Ademais, estableceuse unha fila 0 para que a cidadanía puidese colaborar con esta causa, aínda sen asistir aos concertos.

A rexedora lembrou que o Concello de Lugo ven tamén de sumarse á outra iniciativa solidaria con pobo ucraíno, impulsada pola Confederación de Empresarios e a Federación de Asociacións de Veciños, coa implicación dunha ducia de entidades e negocios locais, que poñerán a venda máis de 3.000 camisetas co fin de recadar fondos que se destinarán a axudar a infancia ucraína a través de Unicef.

Multimedia

  • Lugo acolle hoxe un tardeo solidario musical para axudar ao pobo ucraíno, organizado polo Concello de Lugo e Cruz Vermella

Noticias relacionadas