Lugo acolle actos para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

A Alcaldesa e membros da Corporación Municipal participaron neste evento nos xardíns da Mosquera, onde se formou un lazo xigante de flores de cor rosa

Domingo, 22 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
221017 Día contra cancro mama

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación Municipal, participaron este domingo nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que ten unha incidencia anual en España de máis de 25.000 casos.

Entre estas actividades, nos xardíns da Mosquera formouse un lazo xigante de flores de cor rosa, símbolo de loita contra unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres. O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o Grupo El Progreso para apoiar ás mulleres na súa loita diaria para superar esta enfermidade, así como ás súas familias e amigos.

Noticias relacionadas