López Orozco presentou hoxe o partido España - Georgia da selección sub - 21 que terá lugar en Lugo o vindeiro 5 de setembro

Luns, 22 de agosto de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Delegado para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas, e o Presidente do Club Deportivo Lugo e organizador do evento, José Bouso, presentaron hoxe o partido España - Georgia do XIX Campionato Europeo seleccións de fútbol sub-21 que terá lugar o próximo día 5 de setembro as 20:45 horas no Estadio Ángel Carro.

José López Orozco destacou que “é un motivo de satisfacción recibir a unha selección de fútbol de España que o está facendo tan ben ultimamente” así como que “sería marabilloso que como actual campioa de Europa empezara en Lugo a nova etapa”. López Orozco manifestou tamén que “para Lugo é unha gran oportunidade de promoción da cidade, que Lugo ten que soar por ser cidade hospitalaria, entendida e que defende os colores da selección española.”

O Alcalde anticipou a benvida á cidade de Lugo a todos os xogadores, técnicos e directivos da federación española e galega que acompaña á selección e sinalou “que teremos a gran sorte de velos en Lugo” que se “sente satisfeito como Alcalde e como cidadán” por esta visita.

Por outra banda, Orozco agradeceu ó Presidente do Club Deportivo Lugo, e a todas as entidades participantes todas as xestións que axudaron a que este evento deportivo se producira na cidade, así como expresou o seu orgullo por ser a cidade elixida xa que había moitas urbes que querían albergar un evento destas características. “Lugo merecíao, sempre tivo un trato extraordinario cas distinas seleccións nacionais e a propia marcha do Lugo nos últimos tempos axudou a que este evento se celebre na nosa cidade” comentou o rexedor lucense.

O Concello colaborará con este evento para promocionar o deporte entre a mocidade por iso o Alcalde pídelle ós e ás lucenses que abarroten o Anxo Carro, “que ten que estar cheo de alegría e moción deportiva e demostrar que nos gusta o deporte, que nos gusta o fútbol”.

Venda de localidades

As entradas poranse á venda o vindeiro luns 22 de agosto na Oficina Caixa Galicia da Rúa Camiño Real en horario de oficina, no Quiosco da Praza Maior en horario de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.30 horas, nas oficina do club Estadio Ángel Carro de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas e no despacho de entradas do Estadio o día do partido dende dúas horas antes do comezo.
En canto ós prezos das localidades,18 euros a tribuna, 15 euros preferencia, 10 euros fondo norte e 8 euros xeral.

Multimedia

Noticias relacionadas