López Orozco mantivo varias reunións ao máis alto nivel en Washington co obxectivo de que o Cumio da CICAD "sexa un éxito"

Martes, 23 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

* Mañá participará en Tarragona nun dos actos enmarcados na presidencia de España na UE

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, viaxou a pasada semana a Washington onde mantivo unha xuntanza de traballo co secretario xeral da CICAD, James Mack. O Concello traballa xunto coa CICAD na preparación do Cumio de Alcaldes e Cidades sobre Drogas, Europa, America Latina e o Caribe.

O programa da CICAD concluirá en Lugo no mes de abril logo de 5 anos de intenso traballo. López Orozco destacou que se constitúe nunha maneira de contar no mapa de cidades que se ocupan e preocupan de poñer en común aqueles asuntos relacionados coa problemática das drogas e a súa solución.

López Orozco mantivo reunións ao máis alto nivel de cara a pechar o programa do Cumio internacional. Así, avanzou que unha das ponencias correrá a cargo de Carmen Avendaño, persoa de recoñecido prestixio na loita en contra da droga. Así mesmo, López Orozco mantivo encontros co embaixador de España ante a OEA, Javier Sancho, de cara a conseguir a maior repercusión e o maior éxito do cumio.

Entre as reunións, López Orozco mantivo un almorzo de traballo co embaixador de España ante o Goberno de EEUU, Jorge Dezcallar, quen amosou todo o interese polo cumio e pola cidade.

Os encontros enmárcanse nunha viaxe privada do Alcalde a Washington, na que aproveitou para avanzar no Cumio.

Alcaldes de Europa en Tarragona
Así mesmo, López Orozco anunciou que mañá participará en Tarragona nunha reunión de Alcaldes de Europa dentro do marco da presidencia española da UE, encontro no que o Concello de Lugo terá unha destacada presenza.

López Orozco explicará que significou para a cidade a consecución da Muralla como Patrimonio Mundial, ao tempo que presentará ante todos os participantes a programación Lugo10 baixo a cal se lle rende homenaxe á Muralla e a todos os que fixeron posible o seu recoñecemento como Patrimonio Mundial.

Cumio Europeo de Gobernos Locais
Barcelona acolle do 22 ao 24 de febreiro o Cumio Europeo de Gobernos Locais que xirará en torno a cal debe ser o seu papel a nivel europeo e local e que medidas deben tomarse no contexto actual. A cuestión clave arredor da cal xirará o cumio é saber como deben traballar os gobernos locais para conseguir unha Europa e unhas cidades máis cohesionadas.

O Cumio de Gobernos Locais será un espazo de debate e intercambio entre gobernos locais de toda Europa, os estados membros, as institucións europeas e o sector privado coa finalidade de dar resposta e promover propostas concretas no marco dunha nova axenda europea e o contexto actual de crisis económica e financeira.

O Alcalde de Lugo inaugurará a xornada acompañado polo Alcalde de Tarragona como presidente da comisión de patrimonio histórico cultural da FEMP. Xa pola tarde, moderará a mesa redonda “La vía augusta como eje de comunicación con Europa”.

Aspectos concretos do Cumio
O Cumio de Cidades e Alcaldes entre Europa e América encadrase dentro das actividades da Presidencia Española da Unión Europea do primeiro semestre do 2010. Este cumio desenvólvese no marco do proxecto EU-LAC Alianza de Cidades en Tratamento de Drogas (iniciativa coordinada pola Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas (CICAD), Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización dos Estados Americanos (OEA), e financiada pola Comisión Europea).

O Cumio de Lugo apoia os obxectivos de benestar social e cidadá, polo medio da innovación e a cohesión social. Máis concretamente, e dentro do contexto dos restos que plantexa a problemática das drogas, este cumio estará centrado no debate sobre o desenvolvemento de políticas públicas a nivel municipal e interinstitucional que permita a incorporación socio-laboral do cidadán dependente de drogas, dentro do contexto da seguridade e a cidadanía.

Para elo, Lugo terá como eixe contextual o das políticas municipais, facendo énfase nas causas da exclusión social do individuo e a súa vinculación co consumo das drogas, tanto dende o punto de vista da prevención e o tratamento, así como das estratexias, programas e instrumentos provistos polas distintas institucións para o desenvolvemento de políticas públicas axeitadas en redución da demanda de drogas.

Así, o Cumio de Lugo propiciará o escenario para que se produza o diálogo necesario entre distintas institucións e perspectivas a nivel municipal (sanidade, servizos sociais, xustiza e seguridade, entre outras).

No Cumio de Lugo compartiranse experiencias levadas a cabo a ambos lados do Atlántico nas distintas áreas de traballo. Entre elas, aquelas que se desenvolveran ao largo dos últimos tres anos dentro do contexto do proxecto EU-LAC Alianza de Cidades en Tratamento de Drogas.

Durante tres días, os participantes poderán formar parte dun diálogo actualizado sobre evidencias actuais, experiencias levadas a cabo en distintos países e cidades, e retos futuros aos que as nosas sociedades e cidadáns se enfrontaran nun futuro nesta materia.

Áreas temáticas
- A problemática das drogas dentro da perspectiva da seguridade cidadá (tribunais de tratamento de drogas, xustiza/sanidade, prevención do delito).
- Cooperación inter-institucional para o desenvolvemento de políticas integradas de redución da demanda de drogas: prevención do consumo, tratamento da dependencia de drogas, e reinserción socio-ocupacional.
- A responsabilidade dos alcaldes e as cidades no abordaxe da problemática asociada o consumo de drogas.
- Actualizacións e estratexias desenvoltas na acción preventiva sobre o consumo de drogas a nivel municipal.
- Integración dos servizos de tratamento nos sistemas xerais de saúde e alternativas locais de atención na comunidade.
- Políticas baseadas na evidencia e investigación (papel de observatorios, universidades)
- Estratexias para o desenvolvemento de recursos humanos en redución da demanda.

Perfil dos participantes
Alcaldes de cidades dos continentes europeo e americano
Comisións Nacionais sobre Drogas.
Responsables de programas de prevención (nacional e municipal)
Responsables de programas de tratamento
Representantes de ministerios de xustiza, sanidade, interior
Xuíces, fiscais, avogados defensores, oficiais de enlace de tribunais de tratamento de drogas.
Observatorios sobre drogas
Universidades e centros de investigación

Institucións Organizadoras e Patrocinadoras:
1. Comisión Interamericana para el Control del Abuso de Drogas (CICAD), Secretaría de Seguridad Multidimensional de la Organización de los Estados Americanos (OEA)
2. Concello de Lugo
3. Comisión Europea
4. Ministerio de Sanidad y Política Social. Delegación Nacional del Plan Nacional sobre Drogas
5. Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación
6. Deputación Provincial de Lugo
7. Federación Española de Municipios y Provincias

Máis información
Toda a información sobre o Cumio, incluído o borrador do programa está á disposición de todos na web www.cumbrelugo.org .

Descargue o borrador do programa co detalle dos horarios, conferencias e relatoras do Cume ( borrador do 15/01/10 )

www.cumbrelugo.org

www.lugo10.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas