López Orozco anunciou que esta semana comeza o traslado da Policía Local á nova sede

Martes, 05 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta mañá que este mércores 6 de xuño comeza o traslado da Policía Local á nova sede situada en San Fiz xa que “as obras remataron polo que se inicia o traslado de todos os servizos á nova localización que dispón dunhas oficinas como se merecen os traballadores e os cidadáns de Lugo”.

Neste sentido, e para que o traslado de faga da mellor maneira, o Alcalde mantivo no día de hoxe unha reunión co Xefe da Policía para darlle unha última ollada ao calendario do traslado, e cos inspectores e oficiais que teñen algunha responsabilidade para informalos do mesmo. Mañá tocará a quenda dos sindicatos.

O traslado durará cinco días e comezará o mércores co traslado da Policía de Barrio e a sala de control do teléfono 092. No segundo e terceiro día trasladarase a Unidade de Atestados e Oficina Administrativa da Policía Local, respectivamente. O cuarto día farase a mudanza do Gabinete de Tráfico, a Patrulla Verde e a Oficina de Atención ao Cidadán e o último día será o traslado do Servizo de Transportes.

López Orozco explicou que “como en calquera traslado existe unha complexidade polo que é posible que se causen pequenas molestias tanto aos cidadáns como aos propios traballadores polo que anticipo as desculpas no caso de ser así” aínda que manifestou que se finalizará sen maiores problemas.

Multimedia

Noticias relacionadas