Localmente Lucense proxecta a primeira película dun ciclo de cine ao aire libre inspirador para emprendedores

A iniciativa enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía local impulsada pola alcaldesa, Lara Méndez.

O primeiro film, ‘Glengarry Glen Ross’, proxectarase mañá, de xeito gratuíto, nos exteriores do Centro de Emprendemento e Innovación municipal (CEI Nodus).

Luns, 27 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Localmente Lucense proxecta a primeira película dun ciclo de cine ao aire libre inspirador para emprendedores

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo -CEI Nodus- acollerá este martes, ás 22.30 horas, a primeira proxección do ciclo de ‘Cine ao aire libre’, con películas inspiradoras para emprendedores.

O ciclo, que terá entrada gratuíta ata completar un aforo de 50 persoas, comezará mañá coa película ‘Glengarry Glen Ross’. Continuará o 12 de xullo, con ‘Margin Call’, o 9 de agosto con ‘En busca de la felicidad’, e rematará o 23 de agosto con ‘Abuelos’. Estas tres últimas proxeccións terán lugar,  ás 22.30 horas, no viveiro da Tinería.

Unha actividade enmarcada no movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego, coa concelleira Ana González Abelleira ao fronte, enmárcase na Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada pola rexedora para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19.

A oferta desta actividade inclúe un total de catro proxeccións de títulos emblemáticos do cinema das últimas décadas, dirixidas a todo o público en xeral, pero concretamente a persoas con espírito emprendedor.

“Para pechar as xornadas de cine, están previstas charlas e coloquios ca finalidade de que os asistentes intercambien opinións sobre o filme ou cuestións de empresa que lles interesan ou preocupan”, explicou a edil.

Glengarry Glen Ross (Éxito a calquera prezo):

Película dramática estadounidense de 1992, dirixida por James Foley e baseada na obra de teatro homónima de David Mamet, quen tamén escribiu o guión.

Nunha empresa inmobiliaria de Chicago, lánzase un reto moi tentador para todas/ os as/os empregados: o mellor vendedor/a será recompensado cun Cadillac, o segundo máis eficiente cun xogo de coitelos, e o/a que menos venda será despedido/a. As persoas vendedoras reaccionan de distintas formas: empezan a tenderse trampas e a pensar no xeito de vender ao menos de evitar ser o peor vendedor/a, incluso no roubo das fichas de referencia (que conteñen información sobre posibles clientes) para conseguir o éxito.

Noticias relacionadas