Localmente Lucense celebra un novo almorzo de negocios o vindeiro mércores en O Xugo aberto a emprendedores e empresarios de Lugo

Esta actividade está enmarcada no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha polo goberno de Lara Méndez.

A rexedora convida a todos os interesados a participar neste terceiro encontro, cuxo obxectivo é crear sinerxías e impulsar a economía do municipio.

En total haberá dispoñibles 50 prazas, sendo necesaria a inscrición previa a través do seguinte enlace: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios

Sábado, 14 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Localmente Lucense celebra un novo almorzo de negocios o vindeiro mércores en O Xugo aberto a emprendedores e empresarios de Lugo

Localmente Lucense celebrará un novo almorzo de negocios o vindeiro mércores, 18 de maio, en horario de 08:30 a 09:30 horas, no Restaurante O Xugo. Estará dirixido a emprendedores/as, asociacións e empresas de comercio, hostalería ou outros sectores interesados. En total haberá dispoñibles 50 prazas, sendo necesaria a inscrición previa a través do seguinte enlace: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios

Esta actividade de networking está enmarcada no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha polo goberno de Lara Méndez. A súa finalidade é poñer en contacto aos negocios da cidade para crear sinerxías e impulsar a economía local.

A rexedora, que convida ao tecido emprendedor e empresarial de Lugo a participar, lembrou que “en total realizaremos doce almorzos de negocio ao longo do ano, cada un versará sobre un tema diferente e realizarase nunha zona da cidade distinta, facilitando así a creación de lazos entre o empresariado lucense”.

Localmente Lucense, un movemento pioneiro

O movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego, coa concelleira Ana González Abelleira ao fronte, enmárcase na Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada pola rexedora para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19. Inclúe dous piares fundamentais:

Por unha banda, o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial dentro do cal se realizarán, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas  de formación en áreas como administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática e comunicacións, internacional, marketing dixital, packaging, promoción e venda; asesoramento ‘in situ’ sobre escaparatismo ou iluminación; xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello; ou e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E por outra, un Plan de dinamización de barrios, que se desenvolverá por cinco zonas da cidade, incluíndo todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños nas rúas.

 

Noticias relacionadas