A literatura, protagonista da tarde deste xoves coa cata do oncólogo Germà Lluch e a representación teatral de Hamlet

O MIHL e o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerán ambos actos culturais a partir das 20:00 e as 20:30 horas, respectivamente

Todos os interesados en asistir poden mercar a súa entrada na páxina web www.entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo, así como no propio MIHL -para as catas- ou no Gustavo Freire -para o teatro-

Mércores, 09 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A literatura será a protagonista da tarde deste xoves. A partir das 20:00 horas dará comezo a cata literataria do médico oncólogo José Ramón Germà Lluch, que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e ás 20:30 horas arrincará a representación teatral de Hamlet, da man da compañía Teatro Clásico de Sevilla, enmarcada dentro da programación da XVI Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello.

As entradas para a cata literaria poden mercarse na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL e para a mostra de teatro, nesta plataforma electrónica así como no Centro de Interpretación da Muralla e no mesmo auditorio, unha hora antes do comezo do espectáculo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou a todos os lucenses a asistir tanto á cata literaria, que por primeira vez está impartida por un médico, como á representación teatral Hamlet, onde volverá a estar presente o espíritu de Willian Shakespeare.

“A literatura non está reñida coa gastronomía”

Carmen Basadre lembrou que a cata literaria estará acompañada por gastronomía lucense, que neste caso correrá a cargo da Parrillada Restaurante Porta de Santiago. Neste senso, tamén fixo fincpaé nas tapas inspiradas nas obras da XVI Mostra de Teatro Clásico, que se poden degustar en 9 restaurantes da cidade ata este sábado 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería Os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica. “A literatura non está reñida coa gastronomía”, asegurou Basadre.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a nova entrega das catas literarias |Descargar mp3

Noticias relacionadas