As liñas de bus urbano retornan á normalidade unha vez rematada a vixencia da orde ministerial

A partir do luns recupéranse as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, que foron suprimidas durante o período de aplicación do Real Decreto-Lei 10/2020

Domingo, 12 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As liñas de bus urbano retornan á normalidade unha vez rematada a vixencia da orde ministerial

A área de Mobilidade, unha vez rematada a vixencia da orde TMA/306/2020 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, recuperará a partir deste martes as frecuencias habituais do servizo de transporte urbano. O bus urbano recuperará as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, que foron suprimidas durante as pasadas semanas.

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, pediu desculpas á veciñanza afectada polas suspensións. Rubén Arroxo afirmou que “entendemos dende o principio que esta suspensión non era necesaria”. Arroxo lembrou que “as persoas que están utilizando o transporte público é porque necesitan realizar eses desprazamentos”.

O responsable de mobilidade lembrou tamén que Lugo foi unha das primeiras cidades en tomar medidas de seguridade no transporte público, xa que días antes de declararse o estado de alerta xa se marcaran pautas para mellorar a seguridade no transporte público, e no propio día suprimiuse a entrada pola porta dianteira e inutilizáronse unha de cada dúas filas para incrementar as distancias.

Audio

  • O edil de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre as liñas de autobuses | Descargar mp3

Noticias relacionadas