Licitada en 126.000 euros a renovación do pavimento da Ronda República Argentina e un tramo da Avenida de Garabolos

O período de presentación de ofertas é de 20 días naturais, finalizando o prazo o día 20 de agosto.
Trátase dunhas actuacións financiadas con cargo aos remanentes do Plan Único, que supoñerán unha mellora na seguridade e comodidade dos conductores e peóns destas vías, que rexistran cunha importante densidade de tráfico

Martes, 31 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, avanzou este martes, que se veñen de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público, os anuncios de licitación da contratación das obras de renovación do pavimento da Ronda República Argentina e un tramo da avenida de Garabolos, por un importe conxunto de preto de 126.000 euros. O período de presentación de ofertas é de 20 días naturais, finalizando o prazo o día 20 de agosto.

Trátase dunhas actuacións financiadas con cargo aos remanentes do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos do 2017, que supoñerán unha mellora na seguridade e comodidade dos conductores e peóns destas vías, que rexistran cunha importante densidade de tráfico, segundo explicou  Fernández.

O proxecto da Ronda República Argentina, cun orzamento de 96.269,34€ e un prazo de execución de tres meses, consiste na reposición do pavimento, así como da sinalización horizontal. En canto ás obras na Avenida de Garabolos, que conta cun orzamento de 29.359,11€ e un prazo para acometer as obras de dous meses, afectarán ao tramo comprendido entre os edificios 5 e 9, onde se renovaron recentemente servizos e se pavimetou a beirarrúa, e quedaba pendente a parte que se acometerá agora con este proxecto, consistente na renovación do pavimento da calzada, así como na instalación dun paso de peóns elevado e a creación dun acceso peonil á marquesiña da parada de bus existente na vía para garantir a seguridade dos peóns. O Goberno adopta estas medidas en resposta á preocupación veciñal ante a alta velocidade á que transitan algúns vehículos por esta rúa.

Ademais da mellora da Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos, con cargo aos remanentes do Plan Único tamén se acometerán melloras en Saamasas.

Audio

  • Renovación pavimento da Ronda República Argentina e un tramo da Avenida de Garabolos | Descargar mp3

Noticias relacionadas