A licitación a subministración e instalación do parque infantil na Praza da Milagrosa, coa que o Concello completa a humanización deste espazo

Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais. Será un xogo múltiple accesible

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 4 de xuño, estando prevista a súa apertura o día 5 de xuño

Martes, 14 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Perfil do Contratante do Concello de Lugo, aloxado na Plataforma de contratación do sector público, publica este martes a contratación da subministración e instalación dunha área de xogos infantís, con pavimento de seguridade, na Praza da Milagrosa; coa que o Concello completará a peonalización e humanización deste punto de encontro emblemático do barrio. Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 4 de xuño, estando prevista a súa apertura o día 5 de xuño.

Os traballos consisten, en primeiro lugar, na liimpeza e reparación de zapatas en puntos necesarios. Os xogos que terá estar área infantil serán o seguintes: un xogo múltiple con, ao menos, tobogán de aceiro inox, escaleira e platafomra de transferencia para acceso dende cadeira de rodas inclusiva. Dita zona de xogos contará cun pavimento continuo de seguridade e un valado de madeira tratada.

Audio

  • O edil Miguel Fernández sobre a licitación do "Parque infantil" na Praza da Milagrosa | Descargar mp3

Noticias relacionadas