Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX, que cumpre a maioría de idade en xuño

O deseño gañador, no que aparece a Muralla e un xeneral do exército romano, é obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez. O gañador recibirá, por primeira vez, un premio de 1.300 euros

Carmen Basadre fixo un chamamento a colaborar cunha nova exposición que programa o Concello para conmemorar os 18 anos de historia destas festos. Para elo é preciso enviar distintas fotografías, cinco por ano como máximo, ao mail lucusarde@gmail.com. Exporanse no Vello Cárcere no mes de maio e xuño

Mércores, 27 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX, que cumpre a maioría de idade en xuño

Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX, que cumpre a maioría de idade en xuño. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este mércores á Casa da Xuventude, onde deu a coñecer o cartel anunciador tras a deliberación dun xurado profesional. O traballo gañador será a imaxe oficial que anunciará esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, tal e como se establecía nas bases do certame convocado polo Concello.

O deseño gañador, no que aparece a Muralla e un xeneral do exército romano, é obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez. Foi seleccionado por un xurado do que formaron parte a deseñadora gráfica Lucía Barrios, o fotógrafo Jesús Burgo, e o vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño, Ramón Falcón, Alejandro Carro; así como de entre os dez traballos finalistas; é dicir, entre os dez máis votados pola cidadanía a través dunha votación popular no facebook oficial destes festexos, que rexistrou máis de 10.000 votos válidos. O gañador recibirá, por primeira vez, un premio de 1.300 euros.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.

Carmen Basadre tamén convidou a asociacións de recreación histórica e á veciñanza a colaborar cunha nova exposición que programa o Concello para conmemorar os 18 anos de historia do Arde Lvcvs. Para elo é preciso enviar distintas fotografías, cinco por ano como máximo, ao mail lucusarde@gmail.com. Exporanse no Vello Cárcere no mes de maio e xuño.

Multimedia

  • Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX, que cumpre a maioría de idade en xuño

Noticias relacionadas