Laura Freixas destacou a necesidade dun debate sobre as raíces sexistas da cultura, no marco dos Faladoiros Feministas

No relatorio, a escritora remarcou que unha cultura desigual lexitima a desigualdade e é a orixe dos problemas de equidade que existen no século XXI

As xornadas tratan de achegar á cidadanía ferramentas e recursos para fortalecer o empoderamento feminino e favorecer o coñecemento en cuestións de igualdade

Venres, 08 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Laura Freixas destacou a necesidade dun debate sobre as raíces sexistas da cultura, no marco dos Faladoiros Feministas

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves no faladoiro de Laura Freixas, O papel da cultura na (des)igualdade, que organizan Concello e Deputación, xunto ao Foro Feminista Maruja Mallo.

Este relatorio está enmarcado dentro dos Faladoiros Feministas, coa intención de crear espazos de estudo e reflexión sobre o rol das mulleres na sociedade actual. Durante a súa intervención, Freixas subliñou que “os libros de texto ou os medios de comunicación en xeral presentan un mundo artificial formado case exclusivamente por homes. Non cuestionan por que iso é así. E o resultado é convencernos de que o predominio masculino é normal”.

Con estes faladoiros, de entrada gratuíta e libre ata completar aforo, búscase achegar ferramentas e recursos para fortalecer o empoderamente feminino, difundir o coñecemento en cuestións de igualdade, identificar as causas do estado actual e definir solucións, entre outros obxectivos.

Relatorios

Os seguintes Faladoiros Feministas son:

- O 15 de marzo achegarase ao Vello Cárcere María Xosé Agra co seu relatorio Son as mulleres vulnerabeis: pensando a xustiza e a igualdade.

- O 26 de abril Marisa Soleto falará sobre A vida laboral das mulleres.

- E o 24 de maio cerrará a programación Mercedes Expósito, co seu relatorio A fábrica social da feminidade.

Multimedia

  • Laura Freixas destacou a necesidade dun debate sobre as raíces sexistas da cultura, no marco dos Faladoiros Feministas

Noticias relacionadas