Lara Méndez visitou o novo local da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo

Luns, 25 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visitou o novo local da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez realizou recentemente unha detida visita ao local da Asociación de Xubilados e pensionistas de Lugo, sito nas Galerías que comunican a Praza Maior con Campo Castillo, mantendo un prolongado encontro con algúns dos membros así como co Presidente da Asociación Julio Méndez, co fin de coñecer de primeira man as súas inquietudes, intercambiar opinións e escoitar as diferentes peticións ou necesidades.

O colectivo de maior idade foi un dos máis prexudicados pola situación Covid-19, desde a perspectiva da saúde, física e mental, así como afectiva, pero tamén foi un dos que demostrou maior capacidade de resiliencia.  Actualmente, se contabilizan 5.000 persoas nesa situación, “pero cremos que a cifra creceu a causa da emerxencia sanitaria”, comentou a rexedora.

Durante o encontro a rexedora lembraba que “unha das primeiras áreas que reforzamos ao inicio da pandemia, foi a de Benestar Social cunha mobilización de recursos municipais moi intensa para atender as necesidades dos colectivos sociais máis vulnerables, entre eles o dos maiores, que representa o 21% do total da poboación lucense”.

Multimedia

  • Lara Méndez visitou o novo local da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo

Noticias relacionadas