Lara Méndez visita a primeira plataforma de accesibilidade do bus urbano de Lugo das once que se instalarán na senda verde ciclista

A alcaldesa de Lugo avanzou que esta estrutura facilitará o uso do transporte público aos pasaxeiros que teñan problemas de mobilidade, “o que é un gran avance para eles”.

As estruturas, situadas sobre o carril bici, tamén actúan como ponte entre a beirarrúa e a zona de espera, así o usuario gaña seguridade no embarque ao ter prioridade sobre o ciclista.

Sábado, 11 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita a primeira plataforma de accesibilidade do bus urbano de Lugo das once que se instalarán na senda verde ciclista

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou, xunto ao tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, e o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, a primeira plataforma de accesibilidade do autobús urbano que se instala en Lugo, que facilitará o uso deste transporte público ás persoas con problemas de mobilidade, “o que sen dúbida é un gran avance para elas”, sostivo.

Esta estrutura, situada fronte ao Mercadona da Ronda do Carme, será a primeira das once que se instalarán nas paradas de bus que se atopan na senda verde ciclista que está a executarse na cidade para interconectar oito barrios entre si e coa contorna do río Miño. Situaranse sete na Ronda do Carme, unha na Fonte dos Ranchos, outra na rúa Orquídea e dúas no Camiño Real.  

A rexedora explicou que estas plataformas “ademais de facilitar o embarque aos pasaxeiros, se converten nun espazo sobre o carril bici que actúa como ponte entre a beirarrúa e a zona de espera do autobús, polo que o usuario gaña en seguridade ao ter preferencia sobre o ciclista”. 

Así mesmo, Méndez avanzou que dos once armazóns, nove se mostran como un damero xadrezado para alertar ao ciclista de que o peón ten preferencia. As outra dúas plataformas, concretamente as do Camiño Real, son negras e non xadrezadas porque non pasan por encima do carril bici senón que se sitúan nunha zona de coexistencia e colmado de tráfico.

Máis mobiliario

Ademais destas estruturas, se irán instalando aparcabicis e marquesiñas aparcabicis, ademais de banco intelixentes.

A nova senda verde ciclista de Lugo terá unha lonxitude de 14 quilómetros e transformará a mobilidade dos oitos barrios que percorrerá: Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real.

No seu deseño primou a comodidade; a cohesión interna, e tamén con outras redes como a do transporte urbano; a rectitude, tanto en distancia como en tempo (buscando o traxecto máis curto) e o atractivo da ruta. Pero especialmente primou a seguridade, do ciclista e tamén dos peóns, combinando carrís segregados de tráfico nas rúas con maior ancho, con viarios de coexistencia, onde a velocidade máxima dos vehículos se reducirá ao 20%.

O obxectivo “é que a veciñanza poida utilizar o bicicleta non só como deporte senón como modo de transporte habitual, deixando o coche na casa, o que nos permitirá reducir a contaminación e o ruído na cidade, que tanto dano fan a nosa saúde; e para acadar ese cambio de hábito é imprescindible que se poida mover en bici con seguridade pola cidade”.

Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, posta en marcha pola rexedora, co fin de unir a trama urbana da cidade co río Miño, e cofinanciada ao 80% por fondos FEDER.

Noticias relacionadas