Lara Méndez visita aos mozos e mozas lucenses que están a participar no obradoiro START IOT 5.0

O obradoiro, dotado cun orzamento de 390.492 euros e financiado en máis do 90% polo Fondo Social Europeo, ofrecerá dous módulos de temáticas diferenciadas con 8 prazas cada un.

O Goberno de Lara Méndez pretende crear oportunidades laborais para 16 rapazas e rapaces lucenses con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos.

Sábado, 07 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita aos mozos e mozas lucenses que están a participar no obradoiro START IOT 5.0

A alcaldesa de Lugo, e a edil de Desenvolvemento Local e Emprego Ana G. Abelleira fixeron unha visita ás 16 rapazas e rapaces lucenses con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos, que están a participar no obradoiro START IOT 5.0, de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e na confección e publicación de páxinas web, “que axudará na vosa inserción no mundo laboral nun sector que está moi en auxe”, apuntaba Lara Méndez.

A rexedora explicaba que “a formación dos mozos e mozas lucenses é un dos obxectivos prioritarios do executivo local para a recuperación do municipio na etapa da post-pandemia, unha meta na que estamos a traballar con varios plans de actuación”. A alcaldesa lucense lembrou que esta non é a primeira iniciativa de dixitalización posta en marcha dende o Concello de Lugo xa que “entre estas actuacións se enmarcaron os traballos de dixitalización de parte do fondo documental de carácter histórico do Concello ou a colección fotográfica do arquivo municipal” apuntaba.

A duración dos talleres, que comezaron o pasado mes de xullo, é de un ano, tempo no que as e os asistentes estarán retribuídos co salario mínimo interprofesional. “Entre os proxectos que levaredes a cabo está incluído a creación dos contidos que irán nos dispositivos dixitais dunha primeira experiencia piloto, innovadora en España creada ca finalidade de impulsar as compras no casco histórico a través dun sistema innovador de cartelería interactiva, que aumentará a visibilidade dos establecementos e dos seus produtos e servizos, e facilitarán a orientación de novas estratexias de fidelización e venda”.

O obradoiro, esta dotado cun orzamento de 390.492 euros e financiado en máis do 90% polo Fondo Social Europeo, o obxectivo é “promover a sostibilidade e a calidade no emprego ao tempo que propiciamos a integración da mocidade no mercado laboral, en particular da que non ten traballo e non está integrada nos sistemas de educación, procede de colectivos vulnerables ou corre o risco de sufrir algún tipo de exclusión, favorecendo así a continuidade dos programas académicos coa finalidade de obter os certificados de profesionalidade e mellorar a súa empregabilidade, cualificación e inserción, previndo no posible e minimizando os períodos de desemprego, o que se constitúe como unha das prioridades deste goberno”, sinalou a rexedora.

Multimedia

  • Lara Méndez visita aos mozos e mozas lucenses que están a participar no obradoiro START IOT 5.0

Noticias relacionadas