Lara Méndez: “Un recoñecemento que afianzará proxectos en prol da carreira científica e da inserción laboral dos estudantes do Campus Terra”

Martes, 05 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “Un recoñecemento que afianzará proxectos en prol da carreira científica e da inserción laboral dos estudantes do Campus Terra”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu este martes ao acto de entrega da acreditación ao Campus Terra de Lugo, como Campus de Especialización o cal “reforza a condición de centro universitario especializado en agricultura, gandería e sector forestal sustentables, eidos que encaixan á perfección coa realidade socioeconómica da provincia de Lugo” apuntaba a rexedora.

Méndez falou da importancia da colaboración entre administracións, así como dos proxectos que hai en marcha de forma conxunta, tales como, o programa Life Lugo+Biodinámico ao tempo que destacou que “se trata da primeira acreditación completa que se concede na nosa comunidade e que se debe ao labor especializado que veñen realizando nas áreas estratéxicas de agricultura, gandería e sector forestal sustentables, o que implicará poder afianzar así diferentes proxectos en prol da carreira científica e da mellor inserción laboral de estudantes e titulados do Campus Terra”.

O acto de entrega contou con numerosas autoridades dos diferentes organismos, entre as que se atopaba o reitor da USC, Antonio López, que deu a benvida e concedeu as quendas de palabra; o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o Presidente da Deputación Provincial, José Tomé, entre outras.

Noticias relacionadas