Lara Méndez traslada ao Club Deportivo Lugo B (Polvorín) e o CD Lugo Sala os parabéns polos seus ascensos

Xoves, 05 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez traslada ao Club Deportivo Lugo B (Polvorín) e o CD Lugo Sala os parabéns polos seus ascensos

A alcaldesa Lugo, Lara Méndez, ofreceu hoxe unha recepción oficial ao Club Deportivo Lugo B (Polvorín) e o CD Lugo Sala para trasladarlles aos dous equipos os parabéns da cidadanía polos seus ascensos a Segunda RFEF e Segunda División B do Fútbol sala Nacional, respectivamente.

“É un orgullo para a cidade contar con equipos loitadores e poder dicir que todo o esforzo realizado durante tantos meses, ten agora o seu recoñecemento. Un logro que recibimos con moita satisfacción todos os lucenses”, afirmou a rexedora.

A recepción oficial aos equipos, tivo lugar no Concello e á mesma asistiron, os portavoces da Corporación Municipal, directivos dos clubes, membros dos equipos, familiares, e amigos.

Multimedia

  • Lara Méndez traslada ao Club Deportivo Lugo B (Polvorín) e o CD Lugo Sala os parabéns polos seus ascensos

Noticias relacionadas