Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”

A Alcaldesa destacou na presentación do anteproxecto da estación polo Ministro de Fomento e a Presidenta de Adif que é unha infraestrutura imprescindible para Lugo porque garante o seu desenvolvemento socioeconómico, a chegada do AVE, e complementa o noso modelo de cidade, coa mobilidade como eixo central”

Suporá un investimento de 31,5M€, afectará a máis de 31.000m2 de superficie e fará posible que Lugo conte con novas dotacións urbanas e un edificio de 1.350m2 para a estación ferroviaria

Adif está en disposición de licitar xa o proxecto construtivo da nova estación ferroviaria co fin de iniciar as obras no próximo ano

Martes, 05 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”

O Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, presentaron este luns no Concello o anteproyecto da estación intermodal de Lugo, froito do traballo realizado durante o último ano de maneira coordinada entres os técnicos das tres administracións implicadas -o administrador ferroviario, o Concello e a Xunta- entre as que, como destacou a Alcaldesa, Lara Méndez, “sempre houbo entendemento”.

A rexedora asegurou durante o acto que foi necesario poñer de novo na axenda política esta infraestrutura “imprescindible” para a cidade “porque no 2011 había un proxecto de intermodal adxudicado que deixou esquecido nun caixón” o anterior Goberno central, polo que “os lucenses tivemos que esperar a que houbese de novo unha sensibilidade especial” para sacar adiante esta dotación “moi importante para Lugo porque garante a vertebración do territorio e o desenvolvemento socioeconómico, así como a chegada do AVE á cidade”, ademais de “complementar o noso modelo de cidade, que ten como un dos eixes centrais a mellora da mobilidade, fomentar o transporte público en detrimento do vehículo privado para, tamén, coidar o medio ambiente”.

O proxecto da intermodal suporá un investimento estimado de 31,5M€, afectará a máis de 31.000m2 de superficie e fará posible que Lugo conte con novas dotacións urbanas e un edificio de 1.350 m2 para la estación ferroviaria.

O novo complexo inclúe estación ferroviaria, estación de autobuses e aparcadoiro subterráneo, ademais doutras actuacións  urbanísticas de integración do conxunto na trama da cidade.

Entre as características do Anteproxecto da nova área de transporte intermodal de Lugo destacan as seguintes:

  • Aproveitamento da ampla superficie actual sen uso ao nivel da praia de vías.
  • Construción dun novo edificio de viaxeiros de ferrocarril adecuado ás previsións de explotación.
  • Localización da nova estación de autobuses e dársenas no mesmo nivel da praia de vías, o que facilitará a construción e, fundamentalmente, a explotación das novas instalacións, favorecendo a  intermodalidade.
  • Novo aparcadoiro subterráneo ligado ao funcionamento da área intermodal.
  • Gran praza cuberta, integración urbana e outras actuacións de adecuación da contorna.

Esta ambiciosa actuación contempla obras que precisan de expedientes administrativos de distinta índole e horizonte temporal. Con todo, Adif está en condicións de licitar xa o proxecto construtivo da nova estación ferroviaria e as súas instalacións asociadas, co obxectivo de iniciar as obras no próximo exercicio.

O investimento de 31,5M€ desagrégase do seguinte modo:

  • Estación ferroviaria (4,76  M€): novo edificio de viaxeiros de 1.350  m2. Inclúe remodelación de plataformas, novas marquesiñas e novo paso inferior accesible con medios de comunicación verticais.
  • Estación de autobuses (4,1  M€): edificio de 840  m2 e superficie operativa de 8.100  m2 que albergará 18 dársenas, viarias, zona de mantemento e dársena de regularización.
  • Aparcadoiro (8,36  M€): público e subterráneo, de 8.800  m2 nunha planta, con capacidade para 223 prazas, ademais de 7 prazas para persoas con mobilidade reducida.
  • Actuacións urbanas (4,83  M€): o ámbito no que se desenvolverán abarca 12.350  m2. Inclúe zonas verdes (1.300  m2), gran praza intermodal con cuberta de 1.500  m2, urbanización da contorna e viarios exteriores.
  • Paso inferior de conexión entre o centro urbano e o parque do Sacro Corazón (4,53  M€), de amplas dimensións e plena accesibilidade.
  • Plan de Control de Calidade (4,92  M€): inclúe integración ambiental, xestión de residuos, e seguridad e saúde, entre outras medidas.

Máis info

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre a presentación do "Anteproxecto Estación Intermodal | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”
  • Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”
  • Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”
  • Lara Méndez: “Tivemos que poñer de novo a intermodal na axenda política porque o proxecto que había no 2011 quedou nun caixón”

Noticias relacionadas