Lara Méndez supervisa as obras de renovación dos parques infantís sitos a carón da nova zona de baño pública no Miño

A Alcaldesa de Lugo, xunto co edil de Medio Ambiente, visitaron as zonas de xogos que se mellorarán cunhas obras que teñen un prazo de execución de 30 días hábiles.

A rexedora destacou que “buscamos ampliar a oferta infantil e familiar na contorna do Miño, que se encherá de vida este verán coa nova zona de baño público”.

As obras inclúen a renovación e adaptación da pirámide de trepa e da torre múltiple, a reposición do material do chan, ou a colocación de novo valado.

Venres, 06 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa as obras de renovación dos parques infantís sitos a carón da nova zona de baño pública no Miño

O Goberno de Lara Méndez renovará as dúas áreas de xogos infantís situadas no entorno do río Miño, moi próximas á nova zona de baño pública que o executivo municipal porá a disposición da cidadanía este verán. Así o avanzaron a rexedora e o tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, que supervisaron hoxe o inicio dos traballos.

“Con estas actuacións buscamos unha mellora da confortabilidade dos nenos e nenas nos elementos de xogo, así como mellorar a estética xeral de ambos parques, necesaria para quedar perfectamente integrada na nova zona de lecer que se executará nas vindeiras semanas, ao tempo que adaptamos os elementos de xogo á normativa vixente, mellorando a seguridade e comodidade destas instalacións lúdicas”, explicou a alcaldesa.

Méndez explicou que “posto que se atopan a carón da nova zona de baño pública, isto suporá un incremento na afluencia de nenos e nenas a estes espazos de xogo, motivo polo que consideramos fundamental levar a cabo estes traballos, que terán un prazo de execución de 30 días hábiles, para que poidan quedar en perfectas condicións para o seu uso e disfrute polas familias de cara á época estival”.

As obras a executar inclúen a reparación e adaptación da pirámide de trepa existente nunha das zonas de xogo, e da torre múltiple, na outra; o reacondicionamento e reposición do material do chan; desmontaxe do valado existente e colocación de novo valado de madeira de similares características; suministro e instalación de carteis informativos, así como da certificación acreditativa de cumplimento de normativa.

Multimedia

  • Lara Méndez supervisa as obras de renovación dos parques infantís sitos a carón da nova zona de baño pública no Miño

Noticias relacionadas