Lara Méndez supervisa o fin das obras de cubrición das dúas pistas de tenis de Frigsa, nas que se investiron 300.000 euros

A obra inclúese na aposta da alcaldesa por melloras as actuais instalacións deportivas e de incrementar as dependencias co fin de seguir fomentando hábitos de vida saudable.

As pistas acolleran esta fin de semana o inicio do torneo Galicia Head Tour, un circuito xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis.

Mércores, 01 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa o fin das obras de cubrición das dúas pistas de tenis de Frigsa, nas que se investiron 300.000 euros

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, supervisaba hoxe a finalización das obras de cubrición das dúas novas pistas de tenis de Frigsa, nas que se investiron preto de 300.00 euros

A rexedora destacou a “calidade destas instalacións, que se atopan nun lugar privilexiado da cidade”, e que se enmarcan “na nosa aposta por mellorar as dotacións deportivas de Lugo e que sexan mais polivalentes, ademais de incrementalas con novas dependencias co fin de fomentar a práctica do exercicio e promover pautas de vida saudable entre a poboación, especialmente na mocidade, ao tempo que atendemos as demandas que nos achega a veciñanza xa que o tenis é unha das modalidades deportivas que conta con máis afeccionados na nosa cidade”, destacou a rexedora.

Pola súa banda, Mauricio Repetto, explicou que a cubrición das pistas permitirá que poidan ser utilizadas durante mais tempo ao ano ao marxe das inclemencias do tempo.

As novas dependencias melloradas serán inauguradas coa celebración do torneo Galicia Head Tour, un circuito xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis, que se disputará nas categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Junior masculino e feminino no que participarán máis de 150 deportistas, cunha alta porcentaxe de inscrición de tenistas lucenses. O torneo terá lugar os catro fins de semana de setembro, sendo esta a última proba do circuíto, o reparto de premios e regalos total ascende a 12.600€ en material deportivo.

Multimedia

  • Lara Méndez supervisa o fin das obras de cubrición das dúas pistas de tenis de Frigsa, nas que se investiron 300.000 euros

Noticias relacionadas