Lara Méndez será a pregoeira na 17ª Festa do Berberecho

A rexedora de Lugo, Lara Méndez e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron esta maña a 17ª Festa do Berberecho de Foz

Venres, 10 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lara Méndez e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron esta maña a 17ª Festa do Berberecho de Foz evento que se celebra ininterrompidamente dende o ano 2004 e que nesta edición contará ca rexedora de Lugo como pregoeira. Méndez comezou agradecendo ó alcalde de Foz, que pensaran en ela para formar parte deste primeiro gran evento gastronómico do ano en Galicia: a 17ª Festa do Berberecho ou "chícaro" como popularmente é coñecido no municipio focense.

Méndez, confía que nesta edición se bata un record de asistencia de turistas e por suposto de volume de berberechos consumidos na proxima fin de semana. Dende o Concello de Lugo aplauden a iniciativa para atraer visitantes nunha época do ano que é tempada baixa, entre o Nadal e o Entroido,  pola importancia da dinamización da economía potenciando o turismo na cidade, pero dunha maneira sustentable e compasada para evitar turismo masivo. 

Francisco Cajoto agradeceu a acollida en Lugo da 17ª Festa do Berberecho de Foz. Convidou á cidadanía a achegarse ás 12.00h á apertura da carpa para a degustación dos "chícaros" en varias preparacións: á provenzal, á mariñeira, ao vapor e en empanada. A Festa do Berberecho, na edición pasada achegaronse centenares de persoas de diferentes puntos de Galicia e España a saborear preto dun millar de kilos de berberechos e este ano esta previsto superar ese millar de kilos de berberechos.

Dende a área de Cohesion Social, poñerán á disposicion dos veciños e veciñas de Lugo autobuses para poder achegarse á festa en Foz, nos próximos días o concello dará conta do proceso a seguir para reservar praza.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre a 17ª Festa do Berberecho de Foz  |Descargar mp3

Noticias relacionadas