Lara Méndez presidirá a 39ª ofrenda floral a Xoán Montes, que se complementará coa edición de ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’

Martes, 22 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez presidirá a 39ª ofrenda floral a Xoán Montes, que se complementará coa edición de ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’

O acto terá lugar o 24 de xuño diante do busto do músico na Praza Maior

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta maña o programa de actividades con motivo da 39ª ofrenda floral ao músico Xoán Montes, ‘un dos músicos máis emblemáticos e internacionais de Lugo e tamén o fundador da Banda Municipal’, lembrou a rexedora.

Con motivo de este acto, o Concello de Lugo editou o libro ‘Fantasía sobre Aires Gallegos – Xoán Montes’, unha adaptación da obra orixinal, que seatoapa no Seminario Diocesano de Lugo, e que mantén o escrito por Montes en canto a notación, texto e obxectivo sonoro.

Á presentación tamén asistiron o presidente do Orfeón Xoán Montes, Ramón Cabarcos, o director de Solo Voces, Fernando Jácome, e o director da Banda Filarmónica Iván M. Sabio.

Lara Méndez aproveitou a ocasión para dedicar unhas palabras á traxectoria intachable de Montes e recordou a homenaxe que se lle rendeu o pasado ano trasladando o busto do músico, compromiso adquirido por ela e pola anterior concelleira de cultura, Carmen Basadre, ao igual que a colaboración para levar a cabo a revisión e adaptación do libro.

Nesta primeira edición imprimíronse 500 exemplares. A través desta xoia musical adaptada, as bandas galegas poderán interpretar a obra na actualidade.

A ofrenda floral terá lugar no busto do músico, que foi trasladado desde o xardín de San Roque á Praza Maior o pasado ano co fin de estar “rodeado de escenarios importantes na traxectoria do músico, como pode ser o colexio dos Padres Franciscanos, onde se formou e aprendeu a ler e escribir música, o Círculo das Artes, onde traballou como pianista, a Catedral, onde foi mestre de capela, e o templete da música, onde cantou co Orfeón Lucense”, recordou a rexedora.

A 39ª Ofrenda Floral ao Músico Xoán Montes

A ofrenda complementarase con actuacións pola tarde, co intervención musical do arpista Ivan Garmen, acompañado na percusión por Pablo Varela. Ademais, o grupo de música tradicional ‘Os Ferrancholos’ realizarán un dúo de gaitas e percusión.Tamén actuará o quinteto ‘Umbra Nigra Quinteto’, dirixido por Iván Martinez e a clausura será unha interpretación de ‘Negra Sombra’, poema de Rosalía de Castro, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892 a cargo do Orfeón Xoán Montes.

Noticias relacionadas