Lara Méndez preside a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento no seu 350 aniversario

O alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, oferente deste ano, destacou que debemos avanzar cara a unha sociedade máis tolerante e máis xusta, na que todo o mundo teña cabida.

Domingo, 26 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento no seu 350 aniversario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu hoxe a a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que conmemora o seu 350 aniversario, ofrenda que foi realizada polo rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Antes da cerimonia principal, Méndez recibiu ao seu homólogo compostelano na Casa do Concello, onde asinou no Libro de Ouro e recolleu como agasallo da cidade de Lugo un cadro dos tres Patrimonios da Humanidade, obra de Daniel Dominic.

Os mandatarios de Lugo e Santiago estiveron acompañados polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e do resto de representantes das cidades do Antigo Reino de Galicia, os rexedores de Mondoñedo, Manuel Angel Otero; Betanzos, María Barral, e Tui, Enrique Cabalairo, ademais dos tenentes de alcaldesa e de alcalde de A Coruña e Ourense. Tamén asistiron, entre outras autoridades, a subdegelada do Goberno, Isabel Rodríguez; o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín Formoso, o deputado de Lugo, Pablo Rivera, o concelleiro de Ourense, Armando Ojea, e representantes do Congreso e Senado e do Parlamento de Galicia, así como das forzas de seguridade.

O alcalde de Santiago destacou que "debemos seguir avanzando cara a unha sociedade máis tolerante e máis xusta, na que todo o mundo teña cabida. O esforzo individual e colectivo serán, sen dúbida, a base sobre a que poderán frutificar e sobre a que poderemos construír un país e unha sociedade mellor e máis próspera".

Haberá alfombra floral na Praza de Santa María, realizada por unha asociación da parroquia de Meira. Despois da Ofrenda, que tivo lugar na Catedral de Lugo, realizouse a procesión polas rúas da cidade.

Multimedia

  • Lara Méndez preside a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento no seu 350 aniversario

Noticias relacionadas