Lara Méndez preside a recepción á Brilat, que participa un ano máis nos actos da Semana Santa luguesa

Martes, 11 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a recepción á Brilat, que participa un ano máis nos actos da Semana Santa luguesa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este martes a recepción á Brilat Galicia VII, que chega un ano máis a Lugo dende Figueirido (Pontevedra) para participar nos actos da Semana Santa. A unidade da Brilat, co Tenente Coronel, o Suboficial Maior e o Cabo Maior, Carlos Molina, Claudio Sánchez e Ángel Bernárdez, respectivamente, ao frente, formou filas diante da Casa Consistorial.

Ás 20:30 horas, dende a Catedral, sairá a Procesión do Bo Xesús Nazareno, que será escoltada por máis de 60 soldados da Brilat, a Banda de Guerra e a Compañía de Honores.

Noticias relacionadas