Lara Méndez, pregoeira da XXXII Feira do Emigrante de Pol

Empresarios e Concello de Pol organizan este encontro, no que se dan cita máis de 3.000 visitantes e emigrantes cada ano

Luns, 24 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez, pregoeira da XXXII Feira do Emigrante de Pol

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ofreceu este luns, na carballeira de Mosteiro, o pregón que abre a XXXII Feira do Emigrante de Pol, unha cita organizada por empresarios e Concello, que atrae de media a máis de 3.000 visitantes e emigrantes cada ano, converténdose “nunha das festas máis multitudinarias da provincia”, tal e como a definiu a rexedora.

Méndez, quen fixo un guiño ás súas raíces suízas e á historia de emigración dos seus país, salientou o significado deste encontro “que reúne a centos de familiares e amigos que durante todo o ano non se poden ver, e que aproveitan estes días para volver ás raíces da súa terra natal”.

A Alcaldesa homenaxeou aos emigrantes “pola súa paixón e entusiasmo por difundir a identidade cultural e social da nosa terra, onde queira que esteades”.

Neste senso, a rexedora agradeceu a todos os emigrantes o seu traballo “por facer país”. “Sodes os mellores embaixadores da nosa provincia, da nosa Galicia, da cultura, do patrimonio, da nosa lingua e da nosa inigualable paisaxe”, concluíu Méndez.

Multimedia

  • Lara Méndez, pregoeira da XXXII Feira do Emigrante de Pol
  • Lara Méndez, pregoeira da XXXII Feira do Emigrante de Pol

Noticias relacionadas