Lara Méndez participa no Día do Veciño, que reuniu a máis de 3.800 persoas

Este evento incluíu, ademais da tradicional comida, unha mostra de artesanía  e un partido de fútbol, así como a entrega dos premios da V de Veciño

Domingo, 24 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa no Día do Veciño, que reuniu a máis de 3.800 persoas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este domingo na celebración do Día do Veciño, un evento co que colabora o Concello e que reuniu a máis de 3.800 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A rexedora aproveitou a ocasión para felicitar á Federación de Asociacións Veciñais Lucenses polo seu traballo, así como para destacar a importancia deste colectivo na cidade e na provincia.

O Día do Veciño incluíu, ademais da tradicional comida, unha mostra de artesanía  e un partido de fútbol, así como a entrega dos premios da V de Veciño, que recoñecen o labor das persoas que colaboran co movemento veciñal.

Noticias relacionadas