Lara Méndez participa no concerto de Escandaloso Xpósito que deu inicio á nova programación de actividades para a mocidade do Concello

A cita musical tivo lugar na Casa da Xuventude, seguindo as medidas de seguridade establecidas segundo o protocolo Covid-19.

Nas primeiras horas, preto de 600 persoas xa se inscribiron na programación Xuventude Activa! posta en marcha polo executivo de Lara Méndez.

Venres, 10 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa no concerto de Escandaloso Xpósito que deu inicio á nova programación de actividades para a mocidade do Concello

A alcaldesa, Lara Méndez, participou este venres no concerto do MC Escandaloso Xpósito, que tivo lugar na Casa da Xuventude, e supuxo o inicio da programación de actividades que o executivo municipal desenvolverá durante os meses de setembro a decembro destinadas á mocidade lucense, baixo o nome Xuventude Activa!

A rexedora destacou a gran acollida desta ampla e variada programación, pois segundo explicou “só nas primeiras 24 horas recibimos preto de 600 solicitudes para inscribirse nas actividades, entre as que se atopan diferentes obradoiros, masterclass, rutas, etc. o que demostra o grande interese xerado”.

En total, serán preto dunha trintena de actividades, totalmente de balde, as que o Goberno de Lara Méndez porá en marcha ata final de ano dirixidas aos mozos e mozas de Lugo. Así mesmo, tamén se manterán as asesorías, tanto psicolóxica, como xurídica e de orientación laboral e académica, así como o servizo de prevención de drogodependencias.

Concerto de Escandaloso Xpósito

Hugo Astudillo, máis coñecido como Escandaloso Xpósito, é un saxofonista e rapeiro nado en Alcorcón. No ámbito do hip-hop, é coñecido por participar nunha das bandas pioneiras da fusión entre o rap e o jazz en España, Kase O Jazz Magnetism, con disco homónimo.

A cita musical contou con todas as medidas de seguridade establecidas con motivo do protocolo Covid-19, cun aforo limitado e distancias de seguridade entre os asistentes. No concerto tamén participou o edil responsable da área de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto.

Multimedia

  • Lara Méndez participa no concerto de Escandaloso Xpósito que deu inicio á nova programación de actividades para a mocidade do Concello

Noticias relacionadas