Lara Méndez participa na ofrenda floral a Xoán Montes e entrega o libro ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’, unha xoia musical adaptada

A publicación, editada polo Concello, e unha revisión da obra do músico máis internacional de Lugo. Foi escrita por Fernando Gómez Jácome e adaptado por Iván Martínez Sabio.

Xoves, 24 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa na ofrenda floral a Xoán Montes e entrega o libro ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’, unha xoia musical adaptada

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu esta tarde a 39ª ofrenda floral ao músico Xoán Montes, organizada polo Orfeón Xoán Montes, para homenaxear a un dos músicos máis internacionais de Lugo.

Ademais, a rexedora entregoulles o libro  ‘Fantasía sobre Aires Gallegos – Xoán Montes’, editado polo Concello de Lugo, que é unha revisión e adaptación da obra do autor e que foi escrito por Fernando Gómez Jácome e revisado e adaptado por Iván Martínez Sabio. A obra quedou pendente de entregar no mandato pasado e quíxose esperar para a súa entrega a que pasase o groso da restricións sanitarias da pandemia.

O acto tivo lugar diante do busto do músico, que foi trasladado desde o xardín de San Roque a Praza Maior o pasado ano co fin de estar arroupado por escenarios importantes na traxectoria do músico, como o colexio dos Padres Franciscanos, o Círculo das Artes ou a Catedral.

Acto seguido da presentación do libro, realizouse a Ofrenda Floral ao músico e se celebraron actuacións musicais a cago do arpista Iván Garmen, acompañado na percusión por Pablo Varela. Ademais, o grupo de música tradicional ‘Os Ferrancholos’ realizou un dúo de gaitas e percusión. E para finalizar, o quinteto ‘Umbra Nigra Quinteto’, dirixidos por Iván Martínez , interpretou ‘Negra Sombra’ poema de Rosalía de Castro, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892 a cargo do Orfeón Xoán Montes.

Multimedia

  • Lara Méndez participa na ofrenda floral a Xoán Montes e entrega o libro ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’, unha xoia musical adaptada
  • Lara Méndez participa na ofrenda floral a Xoán Montes e entrega o libro ‘Fantasía sobre Aires Gallegos’, unha xoia musical adaptada

Noticias relacionadas