Lara Méndez participa na creación da folla de ruta da sustentabilidade dos concellos galegos e lusos do Eixo Atlántico

A Comisión de Sustentabilidade celebrou unha xornada de traballo en Valongo na que se abordou a sustentabilidade das cidades dende un punto de vista integral.

Lara Méndez participou como alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo Atlántico, entidade da que será nomeada presidenta este mesmo mes.

Mércores, 09 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez  participa na creación da folla de ruta da sustentabilidade dos concellos galegos e lusos do Eixo Atlántico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou na xornada de traballo da Comisión de Sustentabilidade do Eixo Atlántico celebrada en Valongo (Portugal), á que asistiron representantes de concellos galegos e portugueses, xunto co seu secretario xeral, Xoán Vázquez Mao. Esta Comisión está presidida polo alcalde de Valongo, José Manuel Ribeiro, e o grupo de traballo vinculada a ela, polo concelleiro de Urbanismo de A Coruña, Juan Villoslada.

Durante a reunión, abordouse a folla de ruta que vai a seguir o Eixo Atlántico no relativo á axenda urbana vinculada coa sustentabilidade en todos os ámbitos de transformación das cidades: tanto dende o punto de vista urbanístico, como dende a eficiencia enerxética e do tratamento de residuos, o ámbito social e do cambio de hábitos de vida, apostando por hábitos máis saudables.

Lara Méndez participou como alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo Atlántico, entidade da que será nomeada presidenta este mesmo mes e dende a que tamén se están a dar pasos na sustentabilidade de todos os concellos que forman parte desta organización.

Ao mesmo tempo, o executivo de Lara Méndez está a traballar na axenda urbana Lugo Cidade Verde, que define a estratexia do municipio dos próximos anos, baseada na transición verde e dixital, a través de proxectos como o Dusi Muramiñae, Life Lugo + Biodinámico, Smart City e mesmo o Lugo Transforma, nos que o seu eixo central e transversal é a sustentabilidade.

No marco da axenda Lugo Cidade Verde, crearase un Comité Operativo, liderado pola rexedora, e unha Oficina de Xestión de Proxectos que se encargará da redacción das propostas técnicas. Así mesmo, o proceso favorecerá a participación cidadá, pois terá en conta as achegas dos axentes sociais e incorporará un Consello da Mocidade para propiciar a implicación da xuventude. Ademais, o avance da cidade será monitorizado dende un Observatorio Urbano.

Noticias relacionadas