Lara Méndez participa na acción de sensibilización ambiental promovida polo movemento Coidemos Lugo no barrio da Ponte

Unhas 100 persoas uníronse a esta iniciativa, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de que a cidadanía se implique na limpeza e o respecto pola cidade.

 

O executivo municipal colabora con este movemento social achegando soporte técnico e legal, ademais de aportar material como luvas, sacos, pinzas ou carretas.

Domingo, 24 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa na acción de sensibilización ambiental promovida polo movemento Coidemos Lugo no barrio da Ponte

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, participaron este domingo na acción de sensibilización ambiental promovida polo movemento Coidemos Lugo nas ribeiras do río Miño ao seu paso polo barrio da Ponte. Unhas 100 persoas, entre voluntarios do colectivo e membros do Campus Terra da USC, uníronse a esta iniciativa co obxectivo de limpar e acondicionar o patrimonio lucense.

 

Trátase da décimo cuarta acción de sensibilización ambiental promovida por este movemento social lugués, co que colabora o executivo municipal achegando soporte técnico e legal, e que busca concienciar sobre a necesidade de que a cidadanía se implique na limpeza, o coidado e o respecto pola cidade.

 

Para esta acción, o Concello achegou diferente material como luvas, sacos de lixo, pinzas recolledoras ou carretillas e facilitou un seguro aos participantes. Coidemos Lugo xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de concienciar á cidadanía sobre a importancia de respectar o medio natural e o patrimonio da cidade.

Multimedia

  • Lara Méndez participa na acción de sensibilización ambiental promovida polo movemento Coidemos Lugo no barrio da Ponte

Noticias relacionadas