Lara Méndez: “Os atentados nunca deben suprimir á democracia”

A Alcaldesa manifestou este sábado a súa repulsa polos 7 atentados simultáneos acontecidos en París nun acto de concentración convocado polo Concello, no que se gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas

“Este lamentable suceso, cobarde e extremista, debe ser condenado no marco do respeto aos Dereitos Humanos como único camiño posible dunha sociedade democrática para acabar con este tipo de fanatismo”, afirmou a rexedora

Sábado, 14 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concentración de repulsa e condena polos 7 atentados simultáneos acontecidos en París

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manifestou este sábado a súa repulsa e condena polos 7 atentados simultáneos acontecidos en París. Fíxoo logo dun acto de concentración convocado polo Concello, que tivo lugar na Praza Maior diante da Casa Consistorial, no que se gardou un minuto de silencio en memoria das víctimas deste suceso.

A rexedora trasladou o apoio do Concello de Lugo e dos lucenses aos familiares a amigos das vítimas deste “atentado que non ten xusitifcación posible”, tal e como o cualificou Méndez.

“Nada nin ninguén pode defender a violencia hacia os demais en calquera das súas expresións”, asegurou a Alcaldesa ao tempo que destacou que “este lamentable suceso, cobarde e extremista, debe ser condenado no marco do respeto aos Dereitos Humanos como único camiño posible dunha sociedade democrática para acabar con este tipo de fanatismo”.

“Os atentados nunca deben suprimir á democracia”, asegurou a rexedora, quen fixo un chamamento de unidade para combatir a brutalidade “dos que pretenden impoñer a súa ideoloxía mediante a violencia e o terror”.

“Lugo cre na convicencia pacífica, na tolerancia e no respeto á vida. Ninguén poderá silenciar as voces de todos os que reclamamos paz hoxe, mañá e sempre”, afirmou Méndez.

Audio

Multimedia

  • Concentración de repulsa e condena polos 7 atentados simultáneos acontecidos en París

Noticias relacionadas